Un home de 69 anos, terceiro falecido con covid-19 esta semana na área sanitaria
Por Natalia Puga
Un home de 69 anos converteuse este martes 4 de xaneiro na terceira persoa falecida con covid-19 nun hospital da área sanitaria no que vai de semana e de ano.
A morte confirmouse este mércores, pero xa se producira o martes e pasou a elevar a 232 o número total de pacientes con covid-19 falecidos desde o inicio da pandemia.
Segundo a información oficial facilitada polo Sergas, este home estaba ingresado no Hospital do Salnés e tiña patoloxías previas ao coronavirus. As dúas vítimas anteriores desta semana foron dúas mulleres falecidas o luns 3, unha de 87 anos ingresada no Hospital Montecelo e outra de 84 que faleceu no Hospital do Salnés.
O Sergas confirmou este mércores o falecemento en Galicia de 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, todas con patoloxías previas. Dúas producíronse o luns 3, dez o martes 4 e dúas este mesmo mércores 5 de xaneiro.
O luns 3 de xaneiro faleceron dous homes, un de 86 anos no CHUS de Santiago e outro de 68 no CHUVI de Vigo.
O martes 4 os novos falecidos foron dez, o máis novo deles un home de 46 anos no HULA de Lugo. Ademais, faleceron catro no CHUO de Ourense, un home de 74 anos e tres mulleres de 79, 79 e 98 anos; un home de 90 no Hospital de Valdeorras; un home de 88 no CHUS; unha muller de 92 no Hospital de Verín; e un home de 67 anos no CHUF de Ferrol.
Este mércores 5 de xaneiro as falecidas foron dúas mulleres, unha de 78 anos no CHUVI de Vigo e outra de 93 no HULA.
Relacionadas:
-
A área sanitaria comeza o ano con seis falecidos con covid-19 nunha semana
Por Natalia Puga |
-
Os casos activos de covid non frean o seu ascenso e son xa 7.494 tras unha xornada con 507 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Dúas novas mortes con covid elevan a cinco os decesos coa infección na área sanitaria esta semana
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, publica en Twitter que deu positivo en covid
Por Redacción |
-
Avanza o incremento de casos activos, con 307 máis, chegando a 7.354 na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Un de cada catro pacientes hospitalizados con covid-19 ten a variante Ómicron
Por Redacción |
-
Falece unha muller de 87 anos ingresada no CHOP con covid-19, a morte 231 da pandemia
Por Natalia Puga |