Arranxos de iluminación, principal demanda rexistrada na Liña Verde
Por Redacción
Ao longo de 2021 resolvéronse máis de 300 incidencias en Poio grazas á utilización da ferramenta denominada Liña Verde. Trátase dunha proposta que funciona desde 2016.
No resumo anual que elaboran os responsables deste servizo de axuda á cidadanía, a maioría de incidencias rexistradas estaban relacionadas co arranxo de iluminación pública, un 14% do total. seguida por temas relacionados coa retirada de lixo (11%), reparación de beirarrúas ou limpeza de restos de maleza nos camiños (9%). Tamén constan peticións de arranxo de mobiliario urbano, actuacións en zonas verdes, parques e xardíns ou cuestións relacionadas co tráfico ou coa mobilidade.
Para poder utilizar a Liña Verde é necesaria a instalación da aplicación gratuíta en dispositivos móbiles. O programa permite á cidadanía acceder a un espazo específico para deixar constancia da incidencia rexistrada. Pódese incluír unha fotografía. Unha vez que se resolva a petición, a persoa recibe un aviso de que xa se atopa solucionada.
Tamén é posible utilizar esta opción a través da páxina web do Concello de Poio que conta cun acceso directo a esta ferramenta, que desde a súa creación ha resolvido máis de 1.200 problemas.