Proposta do PP para crear o novo centro de saúde de Meis fronte ao actual espazo sanitario da Rochela
Por Redacción
O Partido Popular de Meis, que ocupa a oposición na corporación municipal, presentaba este mércores á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a súa proposta para que se atope un espazo no que se acolla o novo Centro de Saúde de Meis, que proxecta o goberno autonómico.
Os populares consideran que este edificio debe construírse nun terreo edificable, situado fronte ao actual centro sanitario de Rochela. Indican que esta zona de Paradela é o mellor espazo para recibir unha infraestrutura destas características, nun terreo próximo ao actual e nun terreo que, segundo expoñen, adáptase ás características que demanda o Sergas para iniciar a tramitación.
O PP sinala que a Consellería de Sanidade mostrou a súa disposición para que o municipio de Meis conte con este novo centro no que estarían previstos máis servizos sanitarios que os actuais para atender á poboación.
Relacionadas:
-
Sanidade asinou co concello de Meis o convenio que permitirá a construción dun novo centro de saúde
Por Redacción |
-
O novo centro de saúde de Meis ocupará case 1.000 metros cadrados
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade reclama a Caldas, O Grove, Poio, Barro e Meis terreos para os novos centros de saúde
Por Redacción |