Sufocan un incendio nun garaxe de Cambados con tres vehículos afectados
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que sufocar a última hora deste xoves un incendio declarado no interior dunha nave usada como garaxe en Cambados.
O suceso tivo lugar ao redor das 21.00 horas na rúa Albariño, afectando a tres vehículos.
En concreto, segundo puideron constatar os efectivos despregados, o lume calcinou por completo un turismo e provocou danos noutros dous.
Ao lugar acudiron profesionais de Emerxencias Cambados e Bombeiros do Salnés ademais de Garda Civil e Policía Local.