Cuntis mellora a sinalización da senda dos ríos Gallo e Umia
Por Redacción
A senda etnográfica dos ríos Gallo e Umia ao seu paso por Cuntis contarán con nova sinalización.
Así o confirmou o Concello de Cuntis dentro dun proxecto de divulgación que impulsa grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra.
En concreto a actuación, que afecta aos recursos patrimoniais distribuídos ao longo da senda busca mellorar a información e a comodidade das persoas que fagan uso deste espazo natural.
Os elementos elixidos para esta acción son a poza do Pego, o serradoiro de Silva e os muíños de Campañó.
"Con este proxecto queremos poñer en valor e divulgar o extenso e valioso patrimonio etnográfico do que gozamos en Cuntis, para dalo a coñecer entre os visitantes e poñelo en valor", sinalou respecto diso o concelleiro de Turismo, Martín Álvarez.