Os grupos municipais de BNG e PP de Ponte Caldelas súmanse á protesta contra o parque eólico dos Cotos
Por Redacción
A concentración de protesta convocada este domingo en Carballedo contra o proxecto de parque eólico dos Cotos contará coa presenza da Asociación de Veciños Chan da Rotea de Ponte Caldelas así como dos grupos municipais de BNG e PP desta localidade, segundo confirmou o Concello de Cerdedo-Cotobade.
Estas organizacións súmanse á ampla unidade de acción de comunidades de montes, colectivos sociais e veciños contra este proxecto eólico, tras a invitación cursada polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
"Esta mobilización veciñal está moi por arriba de calquera formulación política e de feito ten unha ampla base social que o único que pretende é defender os intereses dos nosos veciños e dos lugares afectados por un proxecto eólico que resulta inconveniente pola súa localización e polas dimensións e as graves afeccións que ocasionaría ao medio ambiente", defende o rexedor agradecendo que se somen á causa "o maior número posible de entidades, colectivos e persoas porque reforza o posicionamento de rexeitamento veciñal unánime".
A mobilización terá lugar o vindeiro domingo 9 de xaneiro ás 12.00 horas diante da casa do concello da Chan.
INICIATIVA NO PARLAMENTO DE GALICIA
Por tra parte o grupo do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia rexistrou unha pregunta para a súa resposta na comisión que investiga as presuntas irregularidades detectadas pola Xunta na documentación presentada pola empresa que promove o proxecto eólico dos Cotos.
Neste sentido o BNG pregúntase cales son esas irregularidades e se teñen que ver cos acordos adoptados polo Consello da Xunta no que se declaraba este proxecto como "iniciativa empresarial prioritaria".
Relacionadas:
-
Os voceiros municipais de Cerdedo-Cotobade mostran o seu rexeitamento contra o parque eólico dos Cotos
Por Redacción |
-
A plataforma 'Asieolicosnon' protestará este sábado diante do edificio da Xunta en Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Masiva protesta baixo a choiva en Carballedo para dicir non ao parque eólico dos Cotos
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Andrés Díaz critica a "falta de compromiso de Cerdedo-Cotobade" contra o parque eólico dos Cotos
Por Redacción |
-
Discusión entre os gobernos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas polo proxecto de parque éolico dos Cotos
Por Redacción |
-
Queixas do PSOE pola "mala fe" da Xunta ao abrir as alegacións ao parque eólico dos Cotos o día de Noiteboa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade coinciden no seu rexeitamento ao proxecto eólico dos Cotos
Por Redacción |
-
A mobilización contra o Parque Eólico dos Cotos será o domingo 9 en Carballedo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada