Denuncian que a falta de médicos no PAC de Marín obrigou a derivar pacientes a Bueu e Pontevedra
Por Redacción
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo denuncia que a pasada fin de semana o centro de saúde de Marín "non tiña ningún persoal médico” para atender as urxencias, levando a "a derivación de pacientes ao PAC de Bueu ou da Parda en Pontevedra para ser atendidos".
Trátase dunha situación, aseguran desde a plataforma, que xa se viviu o pasado 29 de decembro.
Segundo explica o colectivo "isto é máis grave aínda se lle sumamos os recortes na atención primaria do noso concello" xa que "no Centro de Saúde de Marín hoxe só hai 6 médicos de 14 e, en Seixo, un único facultativo para 2.200 persoas", defenden,
Nese sentido indican que "se non hai posibilidade de ter consulta no centro de saúde porque non hai medico e pasa o mesmo nas urxencias do PAC, a xente acaba por ir ás urxencias do Hospital Montecelo que están desbordadas", ou mesmo á sanidade privada.
Para esta plataforma, que agrupa a 20 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, chegouse a esta complicada situación nos centros de saúde do municipio pola política de "non contratar, por iso non se cobren baixas por contaxios de covid ou por outros motivos, permisos ou vacacións", asegura nun comunicado defendendo a un persoal sanitario que "leva moitos meses ao límite" nunha situación que terminan pagando os propios profesionais e tamén todos os usuarios da sanidade pública.
Relacionadas:
-
Reclaman durante a celebración do 50 aniversario do colexio de Seixo un "segundo médico a tempo completo xa"
Por Redacción |
-
Médicos de urxencias alertan de saturación, con "pacientes máis complexos" e picos de 220 diarios en Montecelo
Por Natalia Puga & Diana Eiras |
-
Marín volve saír á rúa para esixir que cesen os recortes na atención sanitaria da vila
Por Redacción |
-
Denuncian falta de persoal de pediatría e medicina de familia no centro de saúde de Marín
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento a situación vivida no PAC da Parda o domingo: un só médico para 106 pacientes
Por Redacción |
-
Convocan para o 13 de febreiro unha nova protesta en Marín "por unha atención primaria digna"
Por Redacción |
-
Convocan unha nova manifestación pola sanidade pública diante do Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |
-
Instalan pancartas para pedir o segundo médico a tempo completo no Centro de Saúde de Seixo
Por Redacción |