Quince arboles de Nadal teñen unha segunda vida grazas a Rearborízate
Por Redacción
As árbores que adornaron os fogares pontevedreses durante este Nadal xa teñen unha nova vida. A campaña Reaborízate, coa que o Concello busca alongar a vida dos piñeiros, terminou este sábado co acto final ao que acudiron diversas familias para replantalos.
Foi unha xornada moi familiar onde os principais protagonistas foron os cativos, que puideron comprobar como a árbore que coa que decoraran o su fogar o ano pasado seguía viva.
Nesta ocasión replantáronse máis de quince exemplares na parcela que a Comunidade de Montes de Tomeza ofreceu á Concellaría de Montes xestionada por Alberto Oubiña.
O concelleiro explicou que "Rearborízate achega diversos elementos a toda a xente que participa: a sensibilización, e o coidado do medio, das árbores, amais da súa protección", e recordou que Montes segue traballando para fomentar o Efecto PO2, reducir a pegada ecolóxica de Pontevedra e contribuír ao desenvolvemento sostible da vida na cidade.