A solidariedade dos marinenses mete nos colectores de Cáritas 24 toneladas de roupa
Por Redacción
A poboación de Marín volveu demostrar no ano 2021 o seu espírito solidario a través das súas colaboracións coa organización sen ánimo de lucro Cáritas.
Segundo o balance facilitado polo Concello, durante o ano pasado, a roupa donada chegou aos 24.345 quilos, isto é, máis de 24 toneladas.
O colector de Cáritas con máis quilos de roupa doados é o situado no centro de saúde de Marín, no que a poboación meteu 6.692,00 quilos.
En canto a lugares do municipio, na avenida de Ourense recolléronse un total de 9.006 quilos de roupa, 4.116, nun dos colectores e 4.890,00 no outro.
Ademais, recolléronse4.229,50 quilos na rúa Concepción Arenal e 4.417,50 quilos na Rúa República Arxentina.