A Placemaking Week buscará solucións para Monte Porreiro e outras dúas áreas locais no seu congreso de setembro
Por Alejandro Espiño
Mellorar a calidade de vida no barrio de Monte Porreiro será un dos asuntos locais que se tratarán na Placemaking Week Europe, o congreso que reunirá o próximo mes de setembro en Pontevedra a expertos nacionais e internacionais en urbanismo sustentable.
Así o adiantou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, que explicou que o congreso abordará propostas pensadas para aumentar a calidade de vida neste barrio. Haberá ademais outros dous temas locais aínda por definir.
A organización do evento prevé fixar este martes a temática global desta cita que, segundo explicou a edil de Promoción da cidade, abordará "previsiblemente" cuestións ambientais.
"Hai perfecta sintonía para que sexa entorno a como dende as cidades temos capacidade e responsabilidade para mudar as nosas realidades e lograr cidades máis amábeis e máis sustentables, en definitiva, máis xustas", subliñou Gulías en rolda de prensa.
A deste martes será unha xuntanza telemática, se ben a concelleira non descarta a realización dunha reunión, nun breve prazo de tempo, na propia cidade de Pontevedra.
Entre os membros da xunta directiva do congreso, recordou Anabel Gulías, aparecen nomes de diversos países, vinculados a consultoras, entidades sociais ou organizacións políticas.
De tal xeito, está conformado hoxe en día polo vicealcalde de Estocolmo, Fredrik Lindstål; o economista Ramón Marrades, director da rede Placemaking Europe; o comunicador holandés Jeroen Laven; o urbanista e sociólogo húngaro Levente Polyak; a xeógrafa grega Vivian Doumpa, a activista danesa Laska Nenova e o urbanista holandés Ronald Huikeshoven.
Relacionadas:
-
Pontevedra presenta no Museo Raíña Sofía o Placemaking Week Europe que acollerá do 27 ao 30 de setembro
Por Redacción |
-
"O río e o verde como factores clave de deseño urbano" será un dos temas a tratar no Placemaking Week Europe 2022
Por Redacción |
-
O Concello programa diversos asfaltados en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez solicitará un millón de euros para humanizar Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Placemaking Europe trasládase a Pontevedra para "tomarlle o pulso" á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
"As cidades do futuro pareceranse moito a Pontevedra. Deben ser espazos de convivencia"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Confirman a Pontevedra como sede en 2022 da Placemaking Week Europe
Por Diego Espiño |
-
Placemaking Europe, "moi interesados" en que Pontevedra acolla o seu congreso de 2022
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, 'a exame' de Placemaking Europe para ser sede do seu congreso anual no 2022
Por Redacción |