O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
Por Redacción
O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
Segundo a información facilitada polo Concello de Vilaboa, a axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.
O Forno do Cal está situado nunha parcela propiedade da empresa Pescapuerta, que colabora co Concello para desenvolver esta iniciativa cedendo o uso e os terreos para proceder á rehabilitación.
O Concello asinou tamén un acordo coa Comunidade de Montes de San Adrián para a cesión dos terreos lindeiros, o que permitirá o acondicionamento da zona que vai desde a Ponte de Rande ata a Punta de Atravesada.
Ademáis da recuperación do forno, o proxecto do Concello inclúe a instalación duns paneis informativos que divulguen a actividade industrial dun forno con certas particularidades como o feito de que a mercancía para facer a cal chegáballe por mar para lograr unha produción intensa destinada sobre todo á construción, xa que o encalado das vivendas era o xeito máis común de sanealas e protexelas da entrada de insectos a metade do século XX.
Relacionadas:
-
O Forno do Cal recobra a vida perdida da man das familias dos antiguos traballadores
Por Redacción |
-
O Forno do Cal de Vilaboa recupera o seu esplendor tras concluír as obras de rehabilitación
Por Redacción |
-
A rehabilitación do Forno do Cal converte este patrimonio industrial nun novo atractivo turístico para Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Noventa mil euros para converter o Forno da Cal nun novo activo turístico para Vilaboa
Por Redacción |
-
Aberta unha nova convocatoria para financiamento de proxectos ligados ao mar
Por Redacción |