As curvas de Castroloureiro e a estrada da Portela, os 'puntos negros' da rede viaria de Cuntis
Por Redacción
A maior parte dos accidentes rexistrados en Cuntis durante o ano 2021 producíronse en dúas zonas do municipio, no treito coñecido como as "curvas de Castroloureiro" na N-640 e na estrada EP-8401 entre Portela e Souto de Vea.
Así se recolle na memoria do servizo municipal de emerxencias, que revela que nos últimos doce meses producíronse 64 accidentes que requiriron a presenza dos servizos de emerxencia. Agosto, novembro e decembro, con nove cada un, foron os meses de maior sinistralidade.
O informe apunta que a N-640 en Castroloureiro é un treito "especialmente perigoso" debido ao radio das curvas existentes, con moito arborado que propicia que o firme estea mollado durante a maior parte do día e, polo tanto, esvaradío.
Na EP-8401, que a Deputación reformará proximamente, existen curvas tamén pronunciadas e circulan vehículos pesados, os cales tiveron varios accidentes.
Ao igual que en anos previos os operativos ante festividades, probas deportivas, colaboracións con entidades municipais ou do ámbito da atención sociosanitaria engloban a meirande parte do traballo realizado polo servizo municipal de emerxencia. Foron 267, o 60% do total.
Ademais, atenderon 18 incidencias relacionadas coa circulación, como ramas de árbores caídas ou verteduras de vehículos e recolleron 10 animais soltos, a maior parte deles cans que estaban abandonados e que poderían resultar perigosos.
Aínda que menos, a memoria do servizo tamén destaca a colaboración nos traslados non urxentes de pacientes a hospitais (5) ou os avisos de velutina (4).
Máis aló dos operativos xestionados polo 112, o servizo municipal de emerxencias de Cuntis seguiu colaborando con Medio Rural na vixilancia dos montes polos incendios forestais.
Relacionadas:
-
O Ministerio de Transportes confirma os avances no proxecto de reforma da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis solicita a reforma integral da EP-8401 que une Portela e Souto de Vea
Por Redacción |
-
Aparatosa saída de vía na PO-220 cun ferido leve
Por Redacción |
-
Cuntis destina 100.000 euros á mellora dos accesos a Vilariño, Montesandeu e Carreira Ancha
Por Redacción |
-
Cae un motorista a causa dun animal que interceptou na vía, en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Un condutor resulta ferido nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Tres mozos resultan feridos nun accidente de madrugada en Cuntis
Por Redacción |
-
Ferida unha condutora tras sufrir unha indisposición ao volante
Por Redacción |
-
A tormenta provoca caídas de árbores, inundacións e un accidente cun ferido en Cuntis
Por Redacción |