Rafa Domínguez solicitará un millón de euros para humanizar Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, rexistrou este mércores unha moción para o seu debate no próximo Pleno municipal na que demanda a creación dunha partida orzamentaria dun millón de euros destinada á humanización do barrio de Monte Porreiro.
Segundo argumenta o portavoz do PP, "se trata de una cantidad ya comprometida por el propio alcalde pero que no figura en los Presupuestos que acaban de ser presentados". Por iso, Domínguez sostén que se trata do "castigo del alcalde a los vecinos de un barrio que se manifestaron en contra de la manera de actuar del Concello".
Domínguez lembrou que os veciños eran contrarios ás reformas expostas polo Concello, pero esixiron melloras urxentes para o barrio.
"Durante los últimos 22 años, el barrio de Monte Porreiro ha estado abandonado por el Gobierno local: la ausencia de inversiones ha sido absoluta y no se le ha tratado como merece", afirmou Domínguez, que xa defendeu no Pleno varias mocións que demandaban diferentes plans de actuación para o barrio.
O portavoz popular considera que "es necesario y urgente esta inversión para el barrio" e apunta que "esperemos que el PSOE apoye la moción para que los vecinos sean tratados con la dignidad que merecen", engadiu.
Relacionadas:
-
Domínguez mantén que o goberno local castiga a Monte Porreiro "por non comungar con Lores"
Por Redacción |
-
Tino Fernández califica de "tacaña" a proposta do PP para Monte Porreiro
Por Redacción |
-
A Praza da Leña volverá denominarse Eirado da Leña
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Lores cualifica de "esaxerada" e "tremendista" a visión do PP sobre o estado do Mercado de Abastos e Monte Porreiro
Por Anxo Lourido |
-
A Placemaking Week buscará solucións para Monte Porreiro e outras dúas áreas locais
Por Alejandro Espiño |
-
O Pleno aproba os orzamentos 2022 para Pontevedra, os máis altos da súa historia, co voto en contra do PP
Por Natalia Puga |
-
'Por Pontevedra' leva as súas reivindicacións ao Belén
Por Redacción |