Detido un ladrón reincidente por un roubo nun comercio de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional de Santiago de Compostela detiveron un home de 33 anos de idade, con domicilio en Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun comercio da Boa Vila.
Este individuo xa foi detido a finais de decembro por feitos similares tras serlle imputados tres delitos de roubo con forza en diferentes establecementos comerciais.
Fontes oficiais da Comisaría Provincial informaron que durante o mes de decembro producíronse varios roubos e dúas tentativas de roubo con forza en establecementos na cidade utilizando o mesmo "modus operandi" para tentar acceder ao local, a fractura do cristal da porta de entrada.
A finais de decembro presentaba denuncia en comisaría o propietario dun comercio onde os ladróns, tras forzar a persiana exterior e forzar o cristal da porta de entrada, accederon ao interior e subtraeron o contido da caixa rexistradora 200 euros.
A Brigada de Policía Científica logrou pescudar a identidade do autor e os axentes localizárono o día 10 de xaneiro en Santiago de Compostela onde foi detido polo roubo con forza en Pontevedra.
Tras tramitarse o correspondente atestado policial, o detido foi posto ao dispor da autoridade xudicial.
Relacionadas:
-
Ingresa en prisión un ladrón multirreincidente por roubos en establecementos de Pontevedra e Arousa
Por Oskar Viéitez |
-
Comerciantes da zona vella, atemorizados pola onda de roubos, piden máis vixilancia e mellor iluminación
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Deixan en liberdade con cargos un mozo ao que lle imputan roubos en tres comercios, dous restaurantes, unha zapatería e en doce vehículos
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un ladrón por roubar as caixas rexistradoras de tres negocios e levar un cuantioso botín
Por Natalia Puga |