O PP de Poio solicita a Monbus a recuperación da liña no colexio Isidora Riestra
Por Redacción
O Partido Popular de Poio vén de solicitar a empresa Monbus que volva a recuperar a liña de autobús do colexio Isidora Riestra.
O voceiro do PP, Ángel Moldes, explicou que "recollemos as queixas e as demandas de nais e pais e xa demos traslado á Consellería de Educación para que se arranxe de maneira inmediata este problema".
Moldes denuncia que "non se poden facer estes cambios repentinos sen avisar aos pais e nais xa que o descontrol e a incertidume é total".
"Desde o PP de Poio solicitamos que se recupere a liña de xeito inmediato e que se atope unha solución a este problema", conclúe Ángel Moldes.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio culpa á Xunta da "desorganización" das liñas de transporte
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio traslada á Xunta as irregularidades detectadas no servizo de transporte escolar
Por Oskar Viéitez |
-
Poio esixe unha "solución inmediata" á falla de prazas no transporte escolar
Por Oskar Viéitez |