A UNED fortalece a súa actividade con cursos divulgativos e de preparación laboral
Por Redacción
A UNED en Pontevedra, que dirixe Víctor González Sánchez, retoma a súa actividade docente despois do parón do Nadal reactivando un abanico de cursos impulsados desde o departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, que coordina Rafael Cotelo Pazos, e que completan a oferta educativa universitaria a distancia que pon ao dispor do seu alumnado un centro que este ano cumpre medio século de servizo.
A universidade pon ao dispor do seu alumnado case unha trintena de graos, máis de 80 Másteres EEES, 20 programas de Doutoramento Internacional, aprendizaxe de 16 idiomas e uns 70 cursos promovidos e coordinados polo departamento de Extensión Universitaria e Actividades Cultural.
Nestes días darán comezo cursos orientados non só á divulgación e o coñecemento senón tamén á utilidade práctica para que o alumno poida contar con maiores ferramentas á hora de incorporarse ao mundo laboral.
Dous deles están relacionados coa preparación dos temarios incluídos nas oposicións á función pública como a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, o Estatuto Básico do Empregado Público ou mesmo a xurisdición contencioso-administrativa.
Outro curso de gran interese e utilidade e que se desenvolverá entre o 13 e o 21 de xaneiro é o de “Habilidades directivas para mandos intermedios” na súa segunda edición que levantou gran interese entre o alumnado pola utilidade e idoneidade do mesmo.
Asimimo, e con carácter formativo e divulgativo, entre outros moitos, o Centro Asociado á UNED en Pontevedra pon en marcha un curso baixo o título de “Historia da hipnose e aplicación clínica”, de 12 horas de duración, así como un “Taller de Escritura Creativa”, de 24 horas de duración que poden ser seguidos polo alumnado en liña tanto en directo como en diferido para maior comodidade e disposición horaria do interesado.
Outros cursos que comezan agora e desenvolveranse ao longo dos próximos meses son o de “Entomoloxía aplicada: Os insectos na nosa sociedade”, varios relacionados coa informática e a ofimática, sen esquecer os cursos periódicos sobre aprendizaxe de idiomas que van desde os convencionais de inglés, italiano ou portugués a outros máis específicos e non tan habituais como ruso, chinés ou xaponés.
Para inscribirse ou ter coñecemento dos distintos cursos que ofrece o Centro Asociado á UNED en Pontevedra, unha moderna páxina web (www.unedpontevedra.es) canaliza gran parte da información e facilita a inscrición e seguimento docente en liña da gran e variada oferta formativa.
Relacionadas:
-
O galardoado barista Jaime Rodríguez Trigás impartirá un curso sobre o whisky escocés na UNED
Por Redacción |
-
O Goberno buscará fórmulas de colaboración coa UNED de Pontevedra no seu 50 aniversario
Por Redacción |
-
A UNED conmemora o 8 M cunha conferencia sobre o papel das mulleres no mar
Por Redacción |
-
Pazos galegos, feminismo ou psicoxeriatría serán obxecto dos próximos cursos da UNED
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca a figura de Emilia Pardo Bazán como un referente para a mocidade
Por Redacción |
-
Fernández de la Vega inaugura a aula magna da UNED e imparte unha lección maxistral sobre "educación e igualdade"
Por Redacción |
-
Os xardíns da UNED en Monte Porreiro, a un último paso de ter uso público e acceso libre
Por Redacción |