O Concello de Poio culpa á Xunta da "desorganización" das liñas de transporte
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Educación do Concello de Poio, Raquel Rodríguez, culpou á Xunta da "desorganización" das liñas de transporte.
Este mesmo mércores o grupo municipal do Partido Popular solicitaba a empresa Monbus que volva a recuperar a liña de autobús do colexio Isidora Riestra recollendo así as queixas da comunidade escolar e dando traslado destas demandas á Consellería de Educación "para que se arranxe de maneira inmediata este problema".
Este xoves Raquel Rodríguez sinalou que "o que está a suceder no Isidora Riestra é unha consecuencia máis da política de recortes que a Xunta do Partido Popular está a aplicar non só en Poio, senón en todo o país".
Segundo a concelleira de Educación de Poio, "no noso concello levamos padecendo este tipo de problemas, derivados da desorganización nas liñas de transporte ou mesmo de redución de prazas de profesorado, desde o inicio de curso. Por máis que temos insistindo, as consellerías de Educación e de Mobilidade seguen sen dar solución a uns problemas que afectan directamente ao tecido educativo".
Por último, a edil nacionalista engadiu que dende o Goberno local "alegrámonos de que o Partido Popular se sume ás queixas, maila que este é un problema que levamos denunciando e advertindo da situación desde o pasado mes de setembro, polo que xa non é novo. Quen ten que porlle solución é a Xunta de Galicia, por ser responsable de xestionar este servizo".
Relacionadas:
-
Esixen á Xunta un maior control das liñas de transporte escolar en Poio
Por Redacción |
-
O PP de Poio solicita a Monbus a recuperación da liña no colexio Isidora Riestra
Por Redacción |
-
Poio insta á Xunta a que resolva os problemas no transporte escolar do IES da Fontenla
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio traslada á Xunta as irregularidades detectadas no servizo de transporte escolar
Por Oskar Viéitez |
-
Poio esixe unha "solución inmediata" á falla de prazas no transporte escolar
Por Oskar Viéitez |