Os test de antíxenos terán un prezo máximo de 2,94 euros nas farmacias
Por Redacción
Os test de antíxenos para detectar a covid-19s terán un prezo máximo de 2,94 euros. Así o fixou este xoves a Comisión Interministerial dos Prezos dos Medicamentos, órgano colexiado do Ministerio de Sanidade do que forman parte outros ministerios e as comunidades autónomas españolas.
A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, anunciou que a partir deste sábado 15 de xaneiro, non se poderá vender ningún test de antíxenos a un prezo superior.
O Goberno de España decidiu tomar esta medida tras dispararse nas últimas semanas os prezos das probas e segue a mesma política que a adoptada no seu día para limitar o prezo máximo das máscaras.
Así, segundo explicou Darias, optouse por esta limitación "dado que se trata dun produto de moita demanda" e quíxose "fixar un prezo o máis alcanzable posible".
A decisión afectará a todos o test de venda en farmacias aprobados pola Axencia do Medicamento.
A medida entrará en vigor o sábado porque previamente deberá publicarse no Boletín Oficial do Estado este venres.
Relacionadas:
-
A Xunta repartirá 55.000 test de saliva nos centros educativos a partir do luns
Por Redacción |
-
Nova vítima mortal da pandemia en Pontevedra, un home de 84 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno reduce ao 4% o IVA das máscaras e baixará o seu prezo máximo de venda
Por Alejandro Espiño |
-
As farmacias de Pontevedra informan dos novos prezos das máscaras e xeles
Por Redacción |
-
Sanidade fixará o prezo máximo de máscaras, luvas e xeles hidroalcohólicos
Por Redacción |