Fexdega volve ser o centro de vacinación para a poboación arousá a partir deste sábado
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reanudará as vacinacións poboacionais da covid-19 de adultos e menores no recinto feiral de FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa a partires do vindeiro sábado 15 de xaneiro.
Esta nova iniciativa preventiva poboacional, que o Servizo Galego de Saúde prevé manter ata o mes de marzo neste recinto feiral en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, implica a desactivación asistencial dos actuais puntos vacinais da antiga Comandancia de Mariña e do salón de actos do Hospital do Salnés.
No caso das vacinacións de menores, o vindeiro sábado en quenda de mañá e en horario de 9 a 14:30 horas xa están citados neste punto un total de 377 nenos dentre 5 e 6 anos, para recibir a súa dose. Para dito colectivo poboacional, o Sergas enviou un SMS coa data, hora e o novo lugar de vacinación en Vilagarcía de Arousa. Na mesma mensaxe hai un enlace dende o que poder descargar un consentimento informado que os pais ou titores achegarán, a poder ser, xa asinado. Así mesmo, lémbrase que se permitirá o acceso dos menores acompañados dun só adulto.
O horario xeral de actividade para este punto vacinal será de luns a domingo, en quendas de mañá e de tarde, entre as 9 e as 14.30 horas, así coma entre as 15.30 horas e as 21 horas
Tanto no recinto ferial de FEXDEGA coma no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra seguiráse a vacinar tamén a aquelas persoas que todavía non teñan inoculada ningunha dose de vacina, así coma repescas programadas de persoas maiores de 50 anos e de persoal sanitario e sociosanitario.
Relacionadas:
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller de 86 años, falecida no Salnés, eleva a 236 as vítimas mortais da pandemia
Por Redacción |
-
Todos os maiores de 18 anos recibirán a dose de reforzo da vacina contra a covid-19
Por Redacción |
-
Vilagarcía xa ten novo punto de vacinación masiva: a antiga Comandancia de Marina
Por Redacción |
-
Vilagarcía propón ao Sergas que se use a Comandancia como centro de vacinación ante a ocupación de Fexdega
Por Oskar Viéitez |
-
Este domingo pechan os centros de vacinación masiva do Recinto Feiral e Fexdega
Por Oskar Viéitez |