A fábrica de ENCE iniciará o vindeiro luns a súa parada técnica anual
Por Oskar Viéitez
A fábrica de Ence en Lourizán iniciará este próximo luns, 17 de xaneiro, a súa parada técnica anual, que se prolongará previsiblemente ata o 25 xaneiro.
A compañía informou nun comunicado que durante a parada "execútase un ambicioso plan de traballo para incorporar novas tecnoloxías e mellorar as xa existentes, co fin de seguir reforzando a súa eficiencia, fiabilidade e excelencia ambiental".
Ademais, como é habitual, xunto cos labores orientados ao mantemento da fábrica, aproveitarase a interrupción técnica para "o reforzo da súa eficiencia e sustentabilidade".
Dende a dirección da fábrica destacan que "supervisarase rigorosamente o cumprimento de todas as medidas de seguridade dentro da biofábrica, a través dunha campaña robusta de observacións preventivas de seguridade por parte da liña de mando".
Ademais, debido á covid-19, a compañía aplicará un protocolo de seguridade fronte á pandemia ao conxunto dos traballadores, tanto ás persoas que traballan de forma directa en Ence Pontevedra, como ás que, de maneira adicional, accederán á planta para realizar traballos relacionados coa parada, na súa maioría, procedentes de Galicia.
Entre as medidas que se aplicarán para garantir a protección e seguridade fronte á covid-19 cóntase a entrega de máscaras FFP2, a realización de test de antíxenos a todos os traballadores, o control de acceso ás instalacións a través dunha aplicación móbil e a distancia de seguridade.
Na mesma liña, dividiuse a parada en grupos independentes de traballo, limitando o contacto entre as persoas e garantindo en todo momento o cumprimento da distancia de seguridade.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra: "Son moi pesimista co futuro de ENCE en Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Goberno busca terreos para trasladar ENCE e pide "implicación" aos concellos interesados
Por Alejandro Espiño |
-
Ence xa cubriu o máximo de produción da súas fábricas para o presente exercicio
Por Redacción |
-
Concentración para demandar á dirección de Ence que manteña a quenda de noite na portería da fábrica
Por Mónica Patxot & Redacción |