O TSXG autoriza á Xunta a prorrogar a prohibición de reunións entre as 3.00 e as 6.00 durante as fins de semana
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar, ata o próximo 29 de xaneiro, a prohibición de reunións entre non conviventes entre as 3.00 e as 6.00 horas dos venres, sábados, domingos e festivos, tanto en espazos públicos como privados.
Ademais o tribunal tamén apoiou prorrogar a esixencia de presentar o certificado COVID-19 de vacinación, de proba diagnóstica negativa ou de recuperación para acceder ao interior de establecementos como locais de hostalería, lecer nocturno, hospitais, residencias, ximnasios e albergues turísticos.
Tras estudar os dous informes presentados pola Xunta, "certamente mellor fundados que os que se analizaron no auto do 30 de decembro", asegura o TSXG no seu auto que é "evidente" a necesidade de persistir nas medidas para tentar reducir a interacción social que contribúe á expansión do virus.
Os xuíces consideran "proporcionais" estas medidas debido a que durante as fins de semana "a afluencia de persoas nos espazos públicos e privados faise máis intensa".
Relacionadas:
-
Cancelan o desfile e os enterros tradicionais do Entroido en Poio
Por Redacción |
-
Galicia prorroga a prohibición das reunións de madrugada pero limítaa a xoves, venres e sábado
Por Redacción |
-
O TSXG permite á Xunta que prohiba as reunións de non conviventes entre as 03.00 e as 06.00 horas
Por Anxo Lourido |