Terceiro morto por covid-19 esta fin de semana, un home de 84 anos en Montecelo

Por Redacción
Por terceiro día consecutivo, Sanidade confirma un falecemento por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Nesta ocasión trátase dun home de 84 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo.
Segundo informan as autoridades sanitarias, este paciente tiña patoloxías previas e faleceu este mesmo domingo.
Este falecemento eleva a 239 as vítimas mortais queha pandemia deixou na área sanitaria desde marzo de 2020.
Ademais deste deceso en Pontevedra, Sanidade confirmou a morte dunha segunda persoa, unha muller de 77 anos que morreu o sábado no hospital de Santiago.
Con estas dúas mortes, son xa 2.845 persoas que faleceron en Galicia con covid-19.
Relacionadas:
-
Montecelo mantén sete pacientes na UCI, os máis graves dos 81 hospitalizados por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria ten 8.567 casos activos por covid-19 pero a incidencia modérase
Por Alejandro Espiño |
-
Os hospitalizados por covid-19 soben a 77, oito deles na UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Unha muller de 82 anos, usuaria da residencia de Vilaboa, falece por covid-19 en Montecelo
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra volve a sumar máis dun milleiro de infectados nun día
Por Alejandro Espiño |