Desaloxan un edificio en Vilagarcía polo incendio na cociña dun bar
Por Natalia Puga
Un incendio declarado nunha cafetaría obrigou primeira hora da mañá a desaloxar un edificio na rúa Juan García de Vilagarcía de Arousa. O lume arrasou a cociña do negocio e causou grande alarma entre os veciños do inmoble e as rúas próximas.
Segundo informaron os Bombeiros de Vilagarcía, a alerta do suceso deuna o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112 ás 7.15 horas indicando que saía unha gran cantidade de fume da cafeteraía Martis.
Cando os bombeiros chegaron ao lugar encontráronse con gran cantidade de fume acumulada no interior do local e saíndo pola cheminea do edificio, de modo que decidiron desaloxar os veciños do inmoble.
Esta medida tomouse "simplemente por precaución", afectou a seis veciños e realizouse coa colaboración das policias Nacional e Local.
Os bombeiros non forzaron a pechadura ao non existir chamas no interior do bar
Ao non se apreciar a presenza de chamas no interior do bar, os bombeiros non forzaron a pechadura, senón que esperaron á chegada do propietario para acceder sen forza ao interior.
Unha vez dentro, sufocaron un incendio que se iniciara probablemente nunhas frixideiras que poderían ter quedado acendidas de noite. O lume afectou a estes electrodomésticos, aos mobles lindantes e a un par de frigorificos, quedando o resto do inmoble afectado polo fume.
Os bombeiros procederon á ventilación do local, tarefa á que dedicaro dous horas. A intervencion deuse por concluída ás 9.15 horas.