Un mozo de Vilagarcía, identificado por danar a golpes un caixeiro automático en Vilanova
Por Redacción
A Garda Civil identificou un mozo de Vilagarcía de Arousa de 37 anos como presunto responsable de danar a golpes o caixeiro automático dunha oficina bancaria de Vilanova.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, localizaron ao sospeitoso tras realizar unha investigación en estreita colaboración coa Policía Local de Vilanova de Arousa na que resultou "fundamental" a colaboración cidadá.
A investigación, coordinada por efectivos do posto de Vilagarcía, iniciáronse por mor da información facilitada por dous veciños a unha patrulla da Policía Local. Observaran como un persoa golpeaba de forma violenta o caixeiro automático dunha oficina bancaria situada nunha céntrica rúa da localidade.
Finalmente, logrouse identificar o autor e concluíuse que actuou "debido, posiblemente, a un momento de acaloramento ante o caixeiro". Golpeouno bruscamente coa man, rompendo o cristal frontal do monitor.
Os danos causados están pendentes de valorar pola entidade bancaria, cuxo representante formulou a correspondente denuncia dos feitos.
Unha vez localizado, notificóuselle a súa condición de investigado como presunto autor dun delito de danos contra a propiedade. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer cando sexa requirido pola autoridade xudicial.