Baixa o número de casos activos de coronavirus nos centros educativos
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde actualizou a 29 o número de casos activos de coronavirus na poboación vinculada por idade ou profesionalmente ás escolas infantís na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 8 casos máis que hai unha semana.
O total en toda Galicia é de 290 casos activos a día de hoxe, 120 máis que hai unha semana. Nos últimos 7 días pecháronse 9 aulas, ningunha na área de Pontevedra.
En canto aos casos vinculados aos centros educativos, na área de Pontevedra e O Salnés son 1.622, isto supón 44 casos menos que hai unha semana. O total en Galicia é de 10.453 casos activos, 3.438 casos menos que a pasada semana. Con 48 aulas pechadas nos últimos 7 días (48 máis), 14 delas na área de Pontevedra.
O total en Galicia é de 10.453 casos activos, 3.438 casos menos que a pasada semana
Entre os casos máis destacados correspondentes ao área sanitaria de Pontevedra o Salnés, están o IES Monte da Vila do Grove con 41 casos; o IES Castro Alobre de Vilagarcía con 37 e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra) con 29.
Nesta listaxe oficial tamén figurán o CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia) con 26 casos; el CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía) con 25; CEIP de Vilaverde-Mourente (Pontevedra) 23; CPR Sek-Atlántico (Poio) 23; IES Sánchez Cantón (Pontevedra) 21; CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores (Pontevedra) 20; IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 20.
A continuación seguen o IES da Illa de Arousa 19; IES de Ponte Caldelas 19; IES Valle-Inclán (Pontevedra) 19; CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra) 18; IES A Basella (Vilanova de Arousa) 18; CPR Plurilingüe La Inmaculada (Marín) 16; IES de Meaño 16; CEIP A Lomba (Vilagarcía) 15; CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados) 15; CEP Campolongo (Pontevedra) 15; IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía) 15.
Relacionadas:
-
A Xunta sopesa "deixar sen efecto parte de ou todas as restricións" cando se supere o pico da sexta onda
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria de Pontevedra supera a barreira dos 9.000 casos activos por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria rexistra 13 casos de covid en residencias de maiores, 21 en escolas infantís e 1.666 en centros educativos
Por Oskar Viéitez |
-
Colexios e escolas infantís pontevedresas pechan por vacacións con 533 casos de covid
Por Oskar Viéitez |