O Concello estenderá a xira divulgativa de orzamentos polas parroquias até mediados de febreiro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra segue a visitar os diferentes locais sociais das parroquias do municipio para achegar a información relativa aos orzamentos aprobados para o ano 2022.
O concelleiro e coordinador do Rural, Alberto Oubiña, é o encargado de realizar esta xira divulgativa, que arrincou a semana pasada e que seguirá a través das seguintes citas, durante case un mes:
- Mércores 26 de xaneiro, Mourente, Local Social de Cons
- Xoves 27 de xaneiro, Santo André de Xeve, Casa da Cultura de Santo André
- Mércores 2 de febreiro, Lourizán, Local Social de Estribela
- Xoves 3 de febreiro, Campañó, Local Social de Cabaleiro
- Venres 4 de febreiro, Lérez, Casa da Cultura de Lérez
- Mércores 9 de febreiro, Tomeza, Local Social de Lusquiños
- Xoves, 10 de febreiro, Cerponzóns, Local Social de Cerponzóns
- Venres 11 de febreiro, Alba, Local da Devesa
- Xoves 17 de febreiro, Santa María de Xeve, Centro Social de Santa María de Xeve
A presentación, creada e preparada para a ocasión, recolle os principais puntos do orzamento deste ano, amais dalgunhas claves comparativas con outros concellos, ou a débeda por habitante no municipio; así como os obxectivos, os gastos e os investimentos que están sobre a mesa para facer ao longo deste ano 2022, tanto os incluídos no orzamento como na modificación de crédito xa aprobada.
Este tipo de xira informativa non puido ser realizada o pasado 2021 por mor da pandemia, sendo recuperada de novo neste comezo de ano.
Oubiña sinala que está sendo un bo exercicio de transparencia a participación, ao contar os encontros cunha afluencia bastante alta de veciños e veciñas, interesados en comprender os orzamentos e achegar dúbidas ou peticións variadas para os vindeiros anos.
Relacionadas:
-
A parroquia de Salcedo, primeira parada dunha xira para explicar os orzamentos 2022 no rural
Por Redacción |
-
O Pleno aproba os orzamentos 2022 para Pontevedra, os máis altos da súa historia, co voto en contra do PP
Por Natalia Puga |
-
Os Orzamentos 2022 dan un paso máis e o venres superarán o seu último trámite
Por Redacción |