Convocan unha nova manifestación pola sanidade pública diante do Centro de Saúde de Marín
Por Redacción
O BNG convoca á veciñanza para asistir a unha nova concentración pola sanidade pública. Será o vindeiro xoves 27 de xaneiro ás 11:30 horas diante do Centro de Saúde de Marín.
O partido nacionalista denuncia "a mala situación da atención sanitaria provocada pola covid, que está a afectar gravemente tanto ao persoal sanitario como á veciñanza", que ten que trasladarse a ambulatorios como A Parda ou Bueu para poder ser atendidos por persoal médico".
Engaden, ademais, que "os médicos de familia están traballando baixo mínimos, con baixas que non se están cubrindo e causando unha demora de máis de unha semana para obter unha cita médica aínda que sexa telefónica". Para o BNG, "esta situación podería terse evitado se dende o SERGAS atenderan as demandas que os propios traballadores levan demandando dende hai meses".
Segundo manifestou a portavoz municipal, Lucía Santos, "todo isto non é consecuencia da pandemia nin dunha toma de decisión errada. A situación na que se atopa a sanidade pública é o resultado da política de recortes e privatización que vén aplicando o goberno de Feijoo durante os últimos doce anos".
Finalmente, asegura que "non debemos esquecer que María Ramallo tamén é cómplice deste desmantelamento, antepoñendo sempre os intereses privados do seu partido ante a defensa dos servizos sanitarios que afectan á veciñanza de Marín. María Ramallo non pode seguir negando a situación de colapso que está padecendo a atención primaria".
Relacionadas:
-
O BNG volve pedir solucións para o centro de saúde de Marín, no que as Urxencias se viron "desbordadas"
Por Redacción |
-
Denuncian que a falta de médicos no PAC de Marín obrigou a derivar pacientes a Bueu e Pontevedra
Por Redacción |
-
Instalan pancartas para pedir o segundo médico a tempo completo no Centro de Saúde de Seixo
Por Redacción |
-
A Plataforma de Seixo descubre unha reunión "ás agochadas" do xerente da área sanitaria e a alcaldesa de Marín
Por Redacción |
-
Ampla presenza de poboación de Pontevedra-O Salnés na marcha en defensa da Atención Primaria en Santiago
Por Redacción |