Detido por roubar por cuarta vez en tres meses no mesmo bar
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo a pasada madrugada a un pontevedrés de 41 anos como presunto autor dun roubo con forza nun bar da cidade. Foi a súa cuarta detención polo mesmo delito e no mesmo establecemento, o 'Quiosco' da praza da Liberdade, e as súas vítimas empezan a estar xa fartos. O supusto ladrón "llega, rompe todo y coge lo que valga para vender" e no local quedan sen mercadoría e tendo que reparar os danos.
Nesta ocasión, todo ocorreu sobre as 2.30 horas. Un veciño da zona presenciou como un home forzaba unha das portas do almacén que ten o bar no lateral e chamou á Policía Nacional. Cando chegaron os axentes viron que un dos paneis do almacén estaba forzado, pero xa non localizaron ao suposto ladrón.
Tardarían pouco en dar con el. Minutos máis tarde, pillárono camiñando polas inmediacións da rúa Michelena mentres levaba na mán dúas caixas de 'Coca-Cola'. Identificáronlle, detiveron e avisaron aos responsables do bar. Non se sorprenderon nin do que pasara nin de quen fora o autor. "Siempre es el mismo".
Un dos responsables, ÿscar Iván Gutiérrez, explicaba este luns que fai tres meses este home supostamente roubou por primeira vez no seu establecemento. Desde entón xa van catro, pero cun descanso en medio, varias semanas nas que estivo en prisión provisional por distintos delitos. "Hace dos semanas salió y aquí le tenemos ya", relata.
Segundo explica, este suposto ladrón, o 'cocacolas', actúa sempre do mesmo xeito."Coge lo que sea, algo contundente que le sirva para golpear y fuerza el almacén" e, unha vez esnaquizados os paneis, colle a mercadoría que teñen alí gardada. A pasada madrugada levou dúas caixas de bebidas, varias caixas de zumes, cervexas e viño, pero sempre leva o mesmo tipo de efectos, "todo lo que luego pueda vender y si hace falta hace varios viajes. Es como un obrerito, pero en caco". Ademais, a pasada madrugada "antes de que le pillasen ya intentó vender las coca-colas en un karaoke, pero no se las quisieron".
Este modus operandi cambiou nun dos catro roubos. Naquela ocasión intentou forzar a porta de entrada ao local e, no intento, rompeu os dous cristais, xerándolles un gasto duns 1.000 euros. ÿ un máis dos gastos aos que tiveron que facer fronte, pois xa tiveron que cambiar varios dos paneis do almacén, "nos costó unos 900 euros" e a pasada madrugada tamén resultou afectada a tubaxe do gas.
ÿscar Iván Gutiérrez insiste nos antecedentes deste suposto ladrón, do que "me comentaron que ya robó 12 veces en Poio", e que sempre actúa de madrugada e "le da igual los daños que causa".