Os sindicatos quentan motores de cara a folga xeral
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos CCOO, UGT e CIG reuniranse o vindeiro luns ás dez da mañá para organizar a convocatoria de folga xeral que se desenvolverá no territorio nacional o próximo 14 de novembro.
Os secretarios xerais en Galicia de CCOO, UGT e CIG, respectivamente José Manuel Sánchez Aguión, José Antonio Gómez e Suso Seixo, xa presentaron a convocatoria ante o rexistro da Xunta e agora é a quenda das organizacións comarcales para coordinar todos os detalles "para que folga sexa un éxito".
Os delegados sindicais pontevedreses atópanse inmersos na organización da folga, segundo confirmou o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luís García Pedrosa.
Xa se estableceu o comité de enlace da folga e tratáronse os servizos mínimos previstos para ese día naqueles sectores cuxa paralización completa supoñería un prexuízo social notable.