A rúa Miguel Carbajal da Lama terá plataforma única e prioridade peonil
Por Redacción
A rúa Miguel Carbajal, un dos centros neurálxicos da actividade diaria na Lama, vai a ser renovada de xeito integral cunha actuación que suporá o investimento de case 458.000 euros, dos que 415.000 serán achegados pola Deputación no marco do Plan ReacPon.
O obxectivo desta obra é a mellora integral das actuais condicións de seguridade e mobilidade peonil nesta rúa, situada na contorna do colexio, o parque infantil, o polideportivo municipal, a igrexa e a futura residencia, fogar e centro de día.
Así, búscase dotar á zona de maior habitabilidade, seguridade e unha correcta accesibilidade aos equipamentos, dando prioridade ás persoas.
A actuación contempla a execución de beirarrúas cun ancho de 2,5 metros na estrada da Fraga, que terá pasos elevados; e beirarrúas de ancho variable en plataforma única na rúa Miguel Carbajal, onde todo o pavimento estará ao mesmo nivel.
Ademais executarase un redutor de velocidade na estrada da Fraga e limitarase a velocidade máxima a 30 quilómetros por hora en todo o ámbito.
O proxecto inclúe a mellora da eficiencia enerxética, coa retirada e substitución das actuais luminarias por luces LED, e contribúe á economía descarbonizada a través da redución do tránsito de vehículos.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, destacou que esta mellora do espazo público, que se acometerá tras a sinatura este martes do correspondente convenio, "cubre unha zona na que se atopan numerosos equipamentos e dotacións".
Carmela Silva, pola súa banda, subliñou que se trata dun proxecto "transformador e propio dunha mobilidade do século XXI centrada nas persoas", que servirá para conectar os equipamentos máis importantes da Lama”.
Relacionadas:
-
A pista polideportiva de Verducido xa leva o nome de Luís Manuel Sobrado González
Por Redacción |
-
A mellora da seguridade no centro urbano da Lama custou preto de 458.000 euros
Por Redacción |
-
A urbanización da rúa Miguel Carbajal e da estrada da Fraga custará máis de 450.000 euros
Por Redacción |
-
Case doce millóns investirá a Deputación en 2022 nos concellos da área de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Lama bautiza unha das súas rúas na honra ao cura Miguel Carbajal
Por Redacción |