O Concello incluirá a mellora da avenida de Vigo na licitación das obras do desdobramento
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Pontevedra procederá nos próximos días á licitación das obras para o desdobramento da avenida de Vigo.
Segundo explicou o concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, o proxecto acumula un atraso de "un par de meses" debido a que o goberno local pretendía incluír na licitación un ramal de acceso á estación de autobuses. Non obstante a Xunta aínda non contestou oficialmente ao requirimento municipal "así que cansamos de esperar pola resposta", dixo Mosquera, polo que se cambiará este ramal por outras melloras.
En concreto o edil sinalou que "como alternativa" se pedirá á empresa que resulte adxudicataria das obras que "reordene a actual avenida de Vigo". Trátase de reformas tales como a modificación da rotonda do cruzamento con Fernández Ladreda, e a ampliación das beirarrúas "ata onde chegue o presuposto".
Outras melloras solicitadas serán a reordenación da Avenida da Estación, a instalación dunha ponte de madeira para dar continuidade ao paseo do río dos Gafos e a pavimentación dun camiño público que une a avenida de Vigo co novo vial que se vai construír.
O desdobramento da Avenida de Vigo forma parte do convenio asinado en novembro de 2012 entre a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, en virtude do cal o Estado achega os sete millóns de euros nos que se presupostou a obra que consiste en crear un vial de 500 metros paralelo á actual avenida de Vigo.
Mosquera confía en que as obras arranquen en marzo do ano 2014.
COMUNICADO DA XUNTA
En relación coa conexión da nova Avenida de Vigo coa estación de autobuses de Pontevedra, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, saiu ao paso para facer as seguintes puntualizacións:
- En primeiro lugar, a Xunta valora positivamente calquera mellora que se faga nos accesos á estación de autobuses.
- No mes de novembro de 2012, a Xunta advertiu ao Concello de Pontevedra que non consta na Dirección Xeral de Mobilidade ningunha solicitude ou proposta para conectar a nova rúa coa estación.
- A Dirección Xeral de Mobilidade contactou o 14 de outubro cos servizos técnicos municipais, que envían "un esbozo de acceso que non coincide co que aparece no proxecto aprobado en marzo".
"Polo tanto a Xunta a día de hoxe descoñece qué conexión que quere efectuar o concello e carece do proxecto construtivo da mesma. Para podernos pronunciar sobre dito enlace e, no seu caso, autorizalo, precisamos que nos fagan chegar o proxecto. Tampouco existe unha solicitude de autorización como tal por parte do Concello", remata o comunicado.
Relacionadas:
-
As ofertas para o desdobramento da avenida de Vigo péchanse en 17
Por Redacción |
-
A "gran transformación urbana" da contorna da Avenida de Vigo será adxudicada "antes do verán"
Por Alejandro Espiño |
-
Desdobrar a Avenida de Vigo, a obra "máis ambiciosa da década", permitirá unha "total transformación" da zona
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira nega a Mosquera e asegura que non pediu á Xunta conectar a Estación coa avenida de Vigo
Por Redacción |
-
Mosquera cre que a Xunta pretende sabotear o ramal de acceso á estación de autobuses
Por Redacción |
-
Convocan para o 13 de novembro os expropiados do desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
¡Benvida Mrs Pastor!
Por Oskar Viéitez |