Medio millón de euros para a transformación integral do pavillón de Meaño
Por Redacción
Solucionar ás carencias actuais do recinto e convertelo nun equipamento accesible, eficiente e sostible. Ese é o obxectivo da transformación integral do pavillón de Meaño, no que se investirán 450.000 euros, dos que 360.000 sairán do Plan ReacPon que impulsa a Deputación.
A mellora da eficiencia enerxética e acondicionamento do pavillón busca mellorar as condicións térmicas da edificación e adecuar a estrutura e a configuración interior e exterior.
Vanse solucionar os problemas de filtracións da cuberta cun novo sistema e falso teito e mellorarase a envolvente térmica con novos sistemas de illamento e nova carpintería exterior.
Impulsaranse actuacións para o aforro de enerxía, dotarase de accesibilidade aos espazos, cambiaranse os percorridos de evacuación e circulación interiores, crearanse servizos sanitarios e melloraranse os vestiarios renovando as instalacións de fontanería e iluminación.
Tamén se acometerán reformas nas gradas, taparase o foso de acceso actual e forrarase con madeira laminada a bancada para mellorar o acabado
O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, destacou que este proxecto será "un antes e un despois" para a vila e permitirá solucionar os problemas de accesibilidade nun equipamento "moi empregado e de moita utilidade".
Durante a sinatura do convenio para esta obra, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que tras esta actuación Meaño terá un pavillón "renovado pavillón e adaptado ás esixencias da veciñanza", un equipamento "moderno e cun espazo digno".