Vilaboa lanza un bono para fomentar o consumo na hostalería local
Por Redacción
Os 26 bares, cafeterías e restaurantes situados no término municipal de Vilaboa dispoñen de prazo ata o día 9 de febreiro para inscribirse e participar no Bono Consume, que o Concello de Vilaboa retrasou debido á alta incidencia da Covid 19 no municipio.
Desde o goberno municipal consideran que agora máis que nunca é necesario dinamizar o consumo nos establecementos locais e animan á cidadanía a apoiar tanto á hostalería como ao comercio local nas súas compras diarias.
Vilaboa habilitou unha partida orzamentaria de 25.000 euros para sacar ao mercado un paquete de bonos que anime o consumo na hostalería local e beneficie directamente aos consumidores de Vilaboa que terán de prazo ata o 30 de abril para agotar os seus bonos. Trátase dunha iniciativa coa que o goberno local quere reactivar a economía do municipio fronte aos efectos da covid-19.
Destas axudas poderán beneficiarse todos os veciños que estén empadroados no municipio e que teñan máis de 18 anos. Todos eles poderán solicitar os dous bonos que oferta o Concello, un de 5 euros para consumir en bares e cafeterías e outro de 15 euros para restaurantes.
A esta iniciativa municipal poderán sumarse os 26 establecementos de hostalería rexistrados en Vilaboa, solicitándoo por Rexistro e cumprindo as bases entre as que figura ter pechado algún periodo do ano 2020 e 2021 a causa da pandemia.
Unha vez que o Concello conte coa listaxe dos establecementos adheridos abrirase o prazo para que os cidadáns de Vilaboa pidan os seus bonos. Cada persoa poderá elexir en que local gastar o seu bono, dos que estén dispoñibles no momento de recoller o bono, e o importe será deducido das consumicións que faga ata o día 30 de abril, data límite para consumir o bono.
Relacionadas:
-
Esgotados os 'Bonos consume' para 3 dos 10 locais de Vilaboa adheridos a esta iniciativa
Por Redacción |
-
Vilaboa estrea unha páxina web que facilita os trámites á veciñanza
Por Redacción |
-
Os bonos consumo chegan a Vilaboa para reactivar a hostalería local
Por Redacción |
-
As axudas directas á hostalería poderán chegar a 26 establecementos de Vilaboa
Por Redacción |