Fretan catro buses gratuítos desde Ponte Caldelas para protestar contra os eólicos diante da delegación da Xunta
Por Redacción
Este sábado 29, catro autobuses partirán desde o municipio de Ponte Caldelas para recoller a todas aquelas persoas que queiran acudir á concentración que convocou a Plataforma Así Eólicos Non ás 12.00 horas ante o edificio da Xunta de Galicia en Camponlongo.
Os autobuses sairán ás 11.00 horas desde Silvoso, Forzáns, Taboadelo e Baltar. Realizarán paradas na Insua, A Roca, Ponte Caldelas, Cuñas, Tourón, Buchabade, Caritel, Mirón, Contixe, Vilarchán, Xustáns e A Reigosa.
Á protesta asistirá o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e anima a participar de maneira masiva nesta protesta para evitar a implantación de parques eólicos ou ao paso das liñas de evacuación polo municipio. Representantes do goberno local asistirán portando a pancarta que, desde agosto, atópase no balcón do edificio consistorial e que leva o lema: "En Ponte Caldelas nin eólicos nin liñas de alta tensión".
A preocupación veciñal xérase coa proposta de crear o Parque Eólico dos Cotos. O Concello de Ponte Caldelas está a redactar os informes desfavorables á liña de evacuación do Parque, elaborados polos técnicos municipais de Urbanismo e Medio Ambiente para remitilos á Xunta de Galicia. Andrés Díaz afirma que chegarán ata a vía xudicial e, se é necesario, ao Tribunal Europeo para frear esta "barbaridade ambiental".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 'Así Eólicos Non' mobilízase fronte á Xunta en Campolongo ante "un ataque sen precedentes á biodiversidade"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ponte Caldelas pide por escrito á Xunta a paralización do proxecto eólico dos Cotos
Por Redacción |
-
Cubela ratifica o seu non ao parque eólico dos Cotos, pero desmárcase da corrente anti enerxía eólica
Por Redacción |
-
Cubela acusa de difamación ao PSOE e fala de "manipulación política" no conflito dos Parques Eólicos
Por Redacción |
-
A plataforma 'Asieolicosnon' protestará este sábado diante do edificio da Xunta en Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz critica a "falta de compromiso de Cerdedo-Cotobade" contra o parque eólico dos Cotos
Por Redacción |
-
Discusión entre os gobernos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas polo proxecto de parque éolico dos Cotos
Por Redacción |