Unha exposición no Mosteiro de San Xoán homenaxeará a cantería de Poio
Por Redacción
Este venres, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, daban a coñecer os detalles da exposición ‘Orixes’.
Trátase dunha mostra composta por máis de 20 esculturas e obras realizadas por un total de 15 artesáns que nalgún momento formaron parte da Escola de Cantería. A colección permanecerá aberta nos claustros do Mosteiro de San Xoán desde o vindeiro 5 de febreiro ata o 23 de abril.
No acto estiveron presentes representantes da Asociación Canteiros de Poio e o pai superior Arsenio Rodríguez. Tal e como explicaron o rexedor e a edil nacionalista, esta iniciativa xorde co obxectivo de dar a visibilidade que merece e poñer en valor o labor que desenvolven as persoas que se formaron na Escola de Cantería, un dos grandes símbolos do Concello.
Neste sentido, Rodríguez Alonso lembrou que das instalacións situadas na parroquia de San Salvador saíron "profesionais que participaron no desenvolvemento de obras de gran calada ao longo de todo o mundo, desde Brasil ata Nicaragua, pasando por Nova Iorque ou A Habana. Tampouco podemos esquecer a quen traballou en labores de restauración no Capitolio, na Sagrada Familia ou na Catedral de Santiago".
Alejandro Muelle Martínez, Rodrigo García Giráldez, José Rocha Pérez, José Manuel Sancho Rodríguez, Marcos Juncal, Emilio José González Martínez, Óscar Sineiro Torres, César Dapena Pichel, Áurea Díaz Vázquez, Marcos Ferradás García, Esther Veiga Rodríguez, Manuel Varela Álvarez, Manuel Sestelo Rodríguez, Laura Rodríguez, ‘Guada’, Mario Valles Castro, Santiago Quevedo Castro e Javier Diéguez Mosquera son os autores das pezas escollidas para a exposición ‘Orixes’.
Relacionadas:
-
'Orixes' recolle no Mosteiro de Poio trinta pezas da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
A Deputación anima á mocidade para descubrir a cantería e valorala como opción de futuro
Por Redacción |
-
A Escola de Cantería consegue a acreditación como centro de formación para a expedición de certificados de profesionalidade
Por Redacción |
-
Estritas medidas de seguridade e instalacións reformadas no inicio do curso da Escola de Cantería
Por Redacción |