Ethel Vázquez supervisou o resultado dos traballos na Travesía de Tenorio

Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou este luns o investimento de 800.000 euros da Xunta e do Concello de Cerdedo-Cotobade nunha travesía de Tenorio, "renovada, humanizada, máis segura e funcional".
Vázquez Mourelle, xunto co alcalde, Jorge Cubela, supervisou hoxe o resultado dos traballos de execución da nova senda peonil, na arteria principal da parroquia de Tenorio, da que os veciños dispoñen desde o pasado mes de xullo, tras rematar o Concello as obras.
A conselleira puxo o acento no "aproveitamento e o beneficio social" que supoñen este tipo de investimentos públicos.
A titular de Infraestruturas remarcou que a nova senda proporciona máis espazo para camiñar, con dous itinerarios cun ancho que duplica o das antigas beirarrúas e con bordo de protección, tanto pola marxe esquerda como pola marxe dereita da vía, ao longo de 1,5 km.
Referiuse tamén á iluminación renovada da nova senda, iluminación led máis eficiente e sustentable, para unha maior visibilidade e tamén para facer máis humana esta travesía.
Tamén se dispuxo sinalización luminosa nos pasos de peóns para garantir unha mellor seguridade.
Destacou a creación dunha zona específica destinada ao aparcamento de vehículos, para dar un mellor servizo aos veciños, tendo en conta que nesta travesía se concentran os principais equipamentos: o centro de saúde, colexios, locais comerciais e numerosas vivendas.
Estas melloras completáronse coa execución de dous muros de contención, o retranqueo do saneamento e pluviais e do alumeado público, ademais do reforzo da sinalización.
Ethel Vázquez destacou o apoio ao Concello nas súas competencias municipais de saneamento, cunha achega de 1,8 millóns de euros nas obras da nova rede de colectores, bombeos e nova depuradora de augas residuais de Tenorio, rematadas en abril.
Ademáis, avanzou unha nova intervención para ampliar a rede de saneamento ata o lugar da Torre Vella e completar a rede actual de Tenorio, cuxo proxecto construtivo está en supervisión e que suporá un investimento autonómico próximo aos 268.000 euros.
Relacionadas:
-
No estacionamento do IES Cotobade só se permitirá aparcar un máximo de 15 minutos de luns a venres
Por Redacción |
-
Unha nova senda en Tenorio comunica a Galiña Azul e o Instituto
Por Redacción |
-
Cubela cualifica de récord os 10 millóns de euros investidos nas obras realizadas no municipio durante 2021
Por Redacción |
-
Finalizan as obras da senda peonil de Tenorio entre o colexio e as pistas polideportivas
Por Redacción |
-
A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción |