Noventa peregrinos chegan a Moraña no seu percorrido pola Vía Mariana de camiño a Compostela
Por Redacción
O Camiño de Santiago e Moraña teñen un forte lazo común grazas á Vía Mariana, pola que este domingo chegaron a este municipio 90 peregrinos.
O alcalde, Jose Cela, e a concelleira Norma Caldas, acompañaron ao grupo de camiñantes polos puntos de interese turístico da vila.
Este itinerario, de 382 quilómetros entre Braga e Muxía, transcurre polas antigas rutas entre os Santuarios Marianos. No caso de Moraña, teñen como puntos de referencia da visita a Igrexa de San Martiño de Gargantáns, a Igrexa de Santa Xusta e a Igrexa de San Mamede de Amil.
Por outra banda, o Concello xa está en plena organización, man a man co Clube de Atletismo de Moraña, das dúas seguintes saídas para completar o Camiño de Santiago, despois de que no mes de novembro se organizase a primeira das saídas, de Barro a Valga.
Segundo informa o Goberno local, o obxectivo é poder facer a seguinte etapa no mes de marzo e a última, en abril. Haberá autobuses habilitados para chegar ata Valga e despois para volver a Moraña.
Igual ca na anterior, haberá que inscribirse previamente, mais o Goberno local aínda non adianta a data exacta das saídas "porque queremos esperar a poder confirmalas aproximadamente 15 días antes, co obxectivo de garantir unha boa previsión meterolóxica".
Relacionadas:
-
Turismo de Galicia cofinancia o albergue da Vía Mariana xunto á praia fluvial da Chan
Por Redacción |
-
Ónde está o Apóstolo?
Por Alejandro Espiño |
-
Ayuso e Almeida comprométense a peregrinar o roteiro do "Mar de Santiago"
Por Oskar Viéitez |
-
Inaugúrase ‘Camiño. O camiño e as artes’ con obras de trinta artistas de Galicia e Portugal
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Trinta artistas de Galicia e Portugal mostran en Pontevedra a súa visión do Camiño
Por Redacción |