Poio incrementa a taxa do lixo nun 15% pola subida do canon de Sogama
Por Oskar Viéitez
Os veciños de Poio verán incrementado o recibo do lixo despois de que o Pleno municipal aprobase este martes en sesión extraordinaria a suba da taxa nun 15%. A suba aprobouse cos votos do grupo de goberno BNG-PSOE e o rexeitamento do PP, tras un longo debate de máis de dúas horas.
Poio subirá menos da metade do que cobrará a Xunta a cada concello pola xestión de residuos xa que o Goberno galego aplicará unha taxa do 35 por cento. Na práctica isto suporá para cada vivenda de Poio nove euros máis ao ano.
Luciano Sobral, alcalde de Poio, explicou que ao ser insuficiente o recadado o Concello de Poio terá que poñer a maiores 70.000 euros para alcanzar os 150.000 que o municipio paga por este servizo de Sogama.
Pola contra o voceiro do Partido Popular, Ángel Moldes, asumiu que determinadas taxas e impostos téñense que subir, pero insistiu en que Poio é "o terceiro Concello máis caro de Galicia", polo que avogou por "buscar outras fórmulas coas que facer fronte ao incremento do canon de Sogama".
Relacionadas:
-
Seis empresas aspiran á concesión do servizo de lixo en Poio
Por Redacción |
-
Vilagarcía asumirá a subida do canon de Sogama para "aliviar a carga fiscal" dos cidadáns
Por Redacción |
-
Poio apraza a actualización do recibo do lixo para estudar a suba imposta por Sogama
Por Oskar Viéitez |
-
Cada fogar de Poio pagará unha media de 3 euros máis ao mes pola suba de varias taxas municipais
Por Redacción |