Os catro habitantes dun 'narcopiso' aceptan tres e catro anos de prisión por tráfico de drogas
Por Natalia Puga
F.S.M., J.F.B.B., E.E.D.M.C. e I.A.L. recoñeceron este martes na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que no ano 2011 vivían os catro nun 'narcopiso' en Salvaterra, un domicilio desde o que vendían distinto tipo de sustancias estupefacientes.
Os catro foron xulgados e recoñeceron os feitos polos que os acusaba o fiscal, de modo que se viron beneficiados por un acordo de conformidade que lles reduciu a condena que deberán cumprir. O representante do ministerio público atribuír a todos a circunstancia atenuante de drogadicción porque no momento en que foron detidos presentaban unha adicción ás drogas.
Os catro serán condenados a tres anos de prisión como autores dun delito contra a saúde pública e un deles, F.S.M. deberá cumprir catro, os tres por tráfico de drogas e un máis por tenencia ilícita de armas. Ademais, deberán pagar unha multa de pouco máis de 3.000 euros cada un.
O fiscal sostén que os catro vivían no mesmo domicilio de Salvaterra desde o que vendían a droga e pillaron a varios dos seus 'clientes' cando saían da casa con pequenas doses de distintas substancias estupefacientes que acababan de adquirir supostamente a algún dos acusados mentres o resto realizaban tarefas de preparación das doses, informaban aos toxicómanos que ían comprar e vixiaban as inmediacións.
A primeira en caer foi I.A.I. A Garda Civil deulle o alto o 31 de marzo de 2011 cando saía da e levaba encima 17 gramos de cocaína en tres paquetes distintos e catro gramos de heroína, ademais de 800 euros en paquetes de 100. Ao día seguinte, a Garda Civil interveu a J.A.L.A. e J.J.D.A. con menos dun gramo de cocaína e o 4 de abril ao que interceptaron a saír da casa foi a A.G.L., que tamén levaba doses moi pequenas de cocaína e heroína.
Tras estes tres episodios de suposto trapicheo, a Garda Civil rexistrou o citado domicilio e localizou teléfonos móbiles, diñeiro en billetes fraccionados, básculas de precisión e na habitación do acusado F.S.M. tamén unha pistola cun calibre de oito milímetros. Por toda a casa atoparon diversas doses de cocaína e heroína que o fiscal considera que tiñan "con ánimo de destinalas a distribuílas entre terceiros".