Avanza a creación do novo mapa turístico de Poio
Por Redacción
A Concellería de Turismo, dirixida por Silvia Díaz, avanza da man dos profesionais deste sector no municipio na elaboración do Mapa Turístico de Poio, a través do cal poderanse consultar datos vencellados a negocios de hostalería, onde durmir, patrimonio, oferta deportiva, festexos locais ou información sobre praias, entre outros temas de interese.
Precisamente, o pasado luns 31 de xuño O Eirado das Margaridas acolleu unha reunión de traballo para continuar avanzando na elaboración deste mapa, que, tal e como explica a edil de Turismo, "queremos que estea a disposición da cidadanía en formato dixital e físico".
Unha vez máis, Díaz agradeceu o interese e a implicación de profesionais, autónomos e autónomas que "adican parte do seu tempo en participar neste programa, a través do cal buscamos, tanto desde o ámbito privado como público, consolidar a Poio como un destino turismo de referencia máis alá do verán e da Semana Santa".
A concelleira do Goberno local ten claro que iso pasa por dar a coñecer atractivos que "aínda non son moi coñecidos para a maioría dos e das visitantes".
Durante a reunión deste luns unha das cuestións a tratar foi a necesidade de impulsar actuacións e iniciativas nesta liña. Así, desde o sector apóstase por revalorizar o patrimonio e reforzar a sinalización de rutas BTT e impulsar un roteiro entre o Mosteiro de Poio e o Bosque das Secuoias. Ademais, tamén se deu traslado da necesidade de que se reforce o transporte público e en aumentar prazas de aparcadoiro. Silvia Díaz recorda que o Concello xa está a traballar en varios destes temas "para facelos realidade canto antes".
Á marxe desta reunión de traballo, ao longo do mes de xaneiro tamén se desenvolver cursos formativos para profesionais do sector, que se centraron no uso das novas tecnoloxías. A edil de Avante tamén participou noutra xuntanza na que deu conta das liñas da nova web municipal e do traballo de promoción realizado na pasada edición de Fitur.
En febreiro, o Casal de Ferreirós acollerá tamén dúas sesións sobre comunicación, os días 14 e 21 de febreiro, de 20.00 a 22.00 horas. As persoas interesadas en participar poderán anotarse a través do correo electrónico ola@descubrepoio.com ou chamando ao 625120475. A concelleira de Turismo recorda, asemade, que tamén é posible obter máis información sobre os detalles do programa na web www.descubrepoio.com.
Relacionadas:
-
Os 31 anos do bosque de secuoias que puxo Poio no radar de Estados Unidos
Por Redacción |
-
Novas formacións, xuntanzas temáticas e campañas promocionais para consolidar a Poio como destino sostible
Por Redacción |
-
Profesionais do sector turístico visitan Tambo
Por Redacción |
-
O sector turístico cre necesario promocionar o Monte Castrove e as rutas de sendeirismo de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O período medio de pago a provedores reduciuse a case a metade en Poio
Por Redacción |
-
Novas sesións formativas do programa Descubre Poio para profesionais do sector turístico
Por Redacción |
-
A Concellería de Turismo impulsa o proxecto 'Descubre Poio' para profesionais do sector
Por Redacción |