O BNG pasa páxina co sobrecusto de Pasarón e estráñase pola denuncia do PSOE á Deputación
Por Redacción
O concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, mostrouse sorprendido pola denuncia presentada no Xulgado Contencioso-Administrativo polo PSdeG provincial contra a Deputación debido á "falta de transparencia" nas obras do estadio de Pasarón. Para o concelleiro do BNG, resulta estraño que se presente unha denuncia polo sobrecoste se vai máis alá de reclamar documentación sobre as obras á Deputación: "non nos colle moito na cabeza porque estivo na súa xestación e na súa definición o concelleiro Santiago Esperón do PSOE e nas comisións de seguimento estivo o actual concelleiro e que o PSOE provincial cando foi para aprobar a modificación de crédito para aumentar a consignación votou a favor".
Mosquera afirmou que non cree que esta decisión do PSOE poida afectar aos acordos establecidos entre o Concello e a Deputación para aforntar diversas infraestruturas: "non temos ningunha constancia de que haxa algunha modificación".
O concelleiro indicou que quen tivo a maior responsabilidade no sobrecoste do proxecto foi a entón conselleira de Deportes, Pilar Rojo: "a orixe da obra estaba viciada. Se ti contratas unha obra que ten que custar 13 millóns de euros e a contratas por 7, despois estás en mans da empresa para ver que vai pasar coa obra ou estás empantanado de por vida".
Indicou que para o BNG o tema está resolto dende hai tres anos, tras criticar este sobrecoste nos plenos da Deputación e do Concello. E que, malia apoiar que o PSOE pida toda a documentación á Deputación, entende que non ten sentido volver sobre o tema dos sobrecustos porque "non sei que sentido ten. ÿ un tema que está zanxado".
En canto á recepción do estadio de Pasarón, César Mosquera dixo que "ese é outro asunto. ÿ un trámite administrativo porque hai humidades e outras deficiencias no estadio".
Relacionadas:
-
Louzán acusa o PSdeG-PSOE de "intentar desprestixiar" cun "caso pechado" como a obra de Pasarón
Por Natalia Puga |
-
A Xustiza dá a razón aos socialistas no seu contencioso coa Deputación sobre Pasarón
Por Natalia Puga |
-
Louzán critica a "deslealdade" do grupo socialista cara os seus socios do BNG en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE enrócase con Pasarón: "Se hai responsables sería bo que se coñecesen, sexan do partido que sexan"
Por Diego Espiño |
-
Louzán deféndese no Parlamento das acusacións de "caciquismo"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide explicacións no xulgado á Deputación polo sobrecusto de Pasarón e os gastos de La Vuelta
Por Natalia Puga |