Segue en aumento o número de ingresos por covid: 87 pacientes hospitalizados na área sanitaria
Por Anxo Lourido
A Consellería de Sanidade comunicou que este luns se atopan 87 pacientes ingresados con infección activa de covid-19 nos centros hospitalarios dos distritos de Pontevedra e O Salnés. Trátase de cinco máis que na xornada do domingo.
63 pacientes recupéranse en planta do Hospital Montecelo, seis máis que onte; 14 mantéñense no Hospital do Salnés e 3 permanecen no Hospital Quirón Saúde. A eles súmanse 7 pacientes, un menos que o domingo, na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Nas últimas 244 horas realizáronse 703 probas diagnósticas co resultado de 344 novos contaxios, 13 menos que os detectados o domingo.
Nesta xornada hai 5.731 casos activos na área sanitaria, 326 menos que onte. 5.644 recupéranse nos seus domicilios. Non se rexistraron falecementos durante os últimos días, polo que a cifra mantense en 246 decesos desde o inicio da pandemia. Curáronse un total de 46.654 pacientes, 670 máis que onte.
DATOS EN GALICIA
Galicia tamén ofrece datos de maior carga hospitalaria debido aos casos covid con 737 persoas hospitalizadas en planta, 46 máis que na xornada do domingo. Ademais hai 48 pacientes nas UCI, dous máis que onte.
Seguen diminuíndo os casos activos, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Este luns rexístranse 53.706 positivos, 3.861 menos que na xornada do 6 de febreiro.
Os casos atópanse repartidos desta forma por áreas sanitarias: Vigo: 13.724 (-1.211); A Coruña-Cee: 11.596 (-764); Santiago-O Barbanza: 9.390 (-573); Pontevedra-O Salnés: 5.731 (-326); Lugo: 5.573 (-343); Ourense: 5.185 (-486); e Ferrol: 2.507 (-158).
Nas últimas 24 horas detectáronse 2.738 novos positivos en Galicia. A cifra reflicte 343 contaxios diarios menos respecto a os notificados o domingo e 1.508 menos en relación ao pasado luns.
Saúde Pública informou de 4 novas mortes de persoas infectadas durante a última xornada, que elevan o número de falecementos relacionados coa pandemia a 2.976 en Galicia.
Relacionadas:
-
Galicia xa alcanza os 3.008 falecementos de pacientes con covid, cunha nova morte na área sanitaria
Por Redacción |
-
Aumentan os novos contaxios en Galicia e certifícase outro falecemento con covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sobe a presión hospitalaria por covid con 82 pacientes na área sanitaria, 10 deles ingresados nas últimas horas
Por Redacción |
-
72 pacientes diagnosticados por coronavirus permanecen ingresados na área sanitaria
Por Redacción |
-
Unha nova morte en Montecelo sitúa en 246 as vítimas da pandemia en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |