Volven as protestas dos técnicos superiores aos centros sanitarios para poñer en valor os seus títulos
Por Redacción
A última reunión das Comisións polo Grao de Imaxe Médica, Radioterapia, Medicina Nuclear e de Laboratorio Clínico e Biomédico, Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico serviron para fixar un calendario de mobilizacións que culminarán cunha gran manifestación en Madrid o día 5 de marzo.
O calendario de protestas comezará o día 8 de febreiro con concentracións nas portas dos centros sanitarios de toda España, o día 23 de febreiro ´haberá máis concentracións nas portas dos centros sanitarios. O día 4 de marzo prevén unha concentración ante do Misterio de Sanidade e inmediacións do Congreso dos Deputados, mentres que o día 5 de marzo está convocada unha gran manifestación en Madrid ás 12.30 horas desde o Ministerio de Educación ao Ministerio de Sanidade.
A Comisión Unitaria TSS elaborou unha proposta de emenda ao Proxecto de Lei Orgánica de Integración e Ordenación da Formación Profesional pedindo a creación dunha Comisión Interministerial, formada polos responsables dos Ministerios de Sanidade, Educación e Universidades, que debata e resolva a situación da falta de recoñecemento automático das súas cualificacións no Espazo Europeo de Educación Superior e que posibite un nivel de desenvolvemento profesional compatible co dos seus homólogos europeos como ocorre co resto de profesións sanitarias de formación superior.
A realidade é que o Ministerio de Sanidade, responsable consciente da situación deste colectivo profesional, non aborda a cuestión e non achega ningunha solución. "Se obstina no silencio", denuncian.
"O Partido Socialista en 2018, cando gobernaba o Partido Popular, presentou unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados, aprobada por unanimidade, que instaba o Ministerio de Sanidade de Ana Pastor a solucionar esta mesma situación. O Goberno actual non só renega agora daquela proposta, tan ben publicitada e rendibilizada no seu momento polos promotores, senón que mesmo renuncia a explorar a posición dos Ministerios de Educación e Universidades", critican.
A crispación do colectivo os técnicos é palpable. Este primeiro paquete de medidas aprobado pola comisión está encamiñado, por agora, á creación de espazos de diálogo transparentes que canalicen a situación. "De non atopar permeabilidade nas Administracións non se descartan novas convocatorias cun perfil máis incisivo", advirten.