Incerteza nas familias do 'Villa de Pitanxo': "Apenas nos dan información"
Por Alejandro Espiño
A incerteza reina entre as familias dos 24 tripulantes enrolados no "Villa de Pitanxo", o barco con base en Marín, que naufragou esta madrugada en augas de Terranova (Canadá).
Ata o momento foron rescatadas tres persoas con vida e recuperáronse os cadáveres doutras sete, mentres que os catorce mariñeiros restantes continuan desaparecidos.
Ás portas do Grupo Nores, casa armadora do "Villa de Pitanxo", o goteo de amigos e familiares dos tripulantes do arrastreiro galego foi incesante.
Todos eles buscan información sobre o paradoiro do seu achegados pero, por agora, a información oficial está a ser moi escasa ou, polo menos, non o suficientemente clarificadora que esperan as familias das vítimas do naufraxio.
"Por agora só nos din que houbo un naufraxio e que están á espera", explicou Elisabeth Gutiérrez, tía dun dos mariñeiros, a quen unha amiga alertouna do que sucedera.
O seu sobriño, de 39 anos, "leva case toda a súa vida dedicándose á pesca", relata a súa tía, que afirma que en terra deixara muller e dous fillos,
A sobriña doutro dos mariñeiros, un dos cinco de nacionalidade peruana que faenaban no "Villa de Pitanxo", lamentou que "ata dentro de dous ou tres días", segundo a compañía armadora, non poderán ofrecer moita máis información "porque eles están igual".
"Están a esperar que lles dean información de Canadá", sinala a nova, que relatou que o seu tío, que como o resto da familia reside en Vigo, leva 25 anos traballando para casa armadora propietaria do barco naufragado.
Ata a sede da compañía tamén se desprazaron varios amigos dos tres mariñeiros de Ghana que, segundo a documentación oficial, ían no "Villa de Pitanxo".
Un deles explicou que os seus amigos residen entre Pontevedra e Marín, teñen ao redor dos 40 anos e para algún "era a súa primeira marea", mentres que para os demais "era xa a terceira".
Relacionadas:
-
Morre en Terranova un mariñeiro do Villa Nores, barco 'xemelgo' do Villa de Pitanxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A dor chegou desde o mar e levou as vidas de 21 mariñeiros do Villa de Pitanxo en Terranova
Por Natalia Puga |
-
"Non vos preocupedes", a mensaxe dun dos sobreviventes do naufraxio á súa familia
Por Alejandro Espiño |
-
O naufraxio do 'Villa de Pitanxo': sete mortos confirmados e catorce desaparecidos
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
A armadora do 'Villa de Pitanxo' descoñece a causa do naufraxio: "Os esforzos están centrados no rescate"
Por Redacción |
-
"Consternación" nas institucións galegas diante do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
María Ramallo, tras o naufraxio do 'Villa de Pitanxo': "É un día moi difícil. Non recordo unha traxedia de tal magnitude"
Por Alejandro Espiño |
-
Varios mortos no naufraxio dun barco de Marín en augas de Terranova
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido | Creada e actualizada