Rescatan sen vida tres mariñeiros máis do barco de Marín que naufragou en Canadá
Por Alejandro Espiño
O operativo de rescate que, desde hai xa 24 horas, busca sen descanso aos mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do "Villa de Pitanxo" en augas de Terranova (Canadá), permitiu recuperar os cadáveres de tres tripulantes máis do barco de Marín.
Con eles, son dez os mariñeiros falecidos neste terrible accidente marítimo, un dos máis graves que se lembran entre a frota galega.
A recuperación dos corpos destas tres novas vítimas foi confirmada por Salvamento Marítimo. Dous deles foron localizados polo buque canadense Nexus, mobilizado polo centro de coordinación de rescate que dirixe o operativo de procura por mar e aire.
O terceiro atopouno o barco "Franca Morte", de bandeira portuguesa.
Once dos tripulantes do arrastreiro do Grupo Nodar seguen desaparecidos, mentres que os tres restantes foron localizados con vida nunha das balsas salvavidas do barco.
Relacionadas:
-
Loito, minutos de silencio e bandeiras a medio mastro en homenaxe ás vítimas do "Villa de Pitanxo"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os sobreviventes do Villa de Pitanxo, "en proceso de descanso e aínda en shock"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Así están as xélidas e "axitadas" augas que enguliron o 'Villa de Pitanxo'
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
"Non vos preocupedes", a mensaxe dun dos sobreviventes do naufraxio á súa familia
Por Alejandro Espiño |
-
Marín, unha vila mariñeira sumida na "tristeza máis absoluta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O naufraxio do 'Villa de Pitanxo': sete mortos confirmados e catorce desaparecidos
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |