O Concello impulsa a creación de tres estacionamentos de autocaravanas en San Xurxo, Carballedo e Cerdedo
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anuncio que o Concello quere dotar ao municipio de tres estacionamentos de autocaravanas e vehículos “camper” e que se ubicarían no antigo campo de fútbol de San Xurxo de Sacos, Carballedo, xunto ao río, e a terceira, na área recreativa da praia fluvial de Cerdedo.
En canto ao proxectado no antigo campo de fútbol de San Xurxo de Sacos, Cubela indicou que este é un "proxecto no que levamos tempo traballando en estreita colaboración coa comunidade de montes que preside Manuel Amado, e a Asociación de Autocaravanas La Peka".
A iniciativa vai orientada a un deseño mixto onde o mesmo terreo podería ser utilizado para área de vehículos vivenda, zona con pista deportiva e de máquinas de ximnasia, merendeiro con mesas e sombra, parque infantil e zona de instalacións onde irían ubicados os baños e duchas a disposición dos usuarios.
Outro parking ubicaríase en Carballedo, nas proximidades do río e cunha capacidade para unhas 20 autocaravanas con toma eléctrica individual, puntos de subministro de auga potable, descarga de augas negras e grises, un merendeiro de 550 metros cadrados, zona axardinada dun 800 metros cadrados e unha ducia de farois de alumeado público.
Polo que respecta ao aparcamento de autocaravanas en Cerdedo está pendente dun Plan Especial de Dotacións que se está a tramitar a través dunha modificación urbanística para poder incorporar á área recreativa da praia fluvial este novo equipamento que axudaría a dinamizar turística e economicamente esta parte do territorio.
Relacionadas:
-
A praia fluvial de Cerdedo buscar dar un salto de calidade
Por Redacción |
-
Un novo depósito asegura a subministración de auga para os habitantes de Liñeiriños, en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Supergarage, un proxecto pioneiro en Galicia de garda e custodia de vehículos, barcos e autocaravanas
Por Redacción |