Concesión de 117.000 euros da Xunta para mellora de pistas municipais
Por Redacción
Luis López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitaba este venres o Concello de Cerdedo-Cotobade acompañado polo alcalde Jorge Cubela para anunciar a concesión por parte do goberno galego de 117.377 euros a este municipio, a través da Axencia Galega de desenvolvemento Rural.
Con este diñeiro está previsto actuar na mellora de pistas dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023. Durante a visita, Luís López revisou a primeira fase da mellora integral, acondicionamento e reposición do firme na estrada que une os lugares doss Palleiros e Covas, na parroquia de Tenorio.
Esta actuación acometeuse cun investimento de 48.000 euros a través de fondos do Plan de Infraestruturas Rurais 2021. A segunda e última fase levará a cabo cunha partida que a Xunta de Galicia concedeu co Plan Marco 2022-2023.
A intención, segundo explicou o delegado territorial, é mellorar a mobilidade das aldeas e parroquias para facilitar os labores agrogandeiros que, no caso de Cerdedo-Cotobade, "son fundamentais para a súa economía", afirmou durante a visita. Lembrou que este ano, a administración autonómica aumentou a partida do Plan Marco para os concellos galegos en preto de 25.000 euros, un 27% máis en comparación co ano anterior.
López tamén fixo un balance dos investimentos da Xunta durante os últimos cinco anos neste municipio afirmando que se destinou máis dun millón de euros a través da Consellería do Medio Rural para acondicionar as vías municipais relacionadas coa actividade agraria e gandeira ou de carácter rural. Explicou que estas actuacións favorecen a modernización dos viais de ata unha quincena de núcleos rurais do Concello.
Relacionadas:
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa está preparado para o inicio das "obras históricas" de máis de 6 millóns de euros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pide a Fomento unha subvención de 109.000 euros para renovar estradas
Por Redacción |
-
Remata a remodelación integral do camiño de acceso a Monte Covelo, en Samieira
Por Redacción |
-
Xa está arranxada a rede de pluviais no Camiño do Outeiro, na parroquia de Quireza
Por Redacción |
-
Tenso debate na Deputación sobre a sentenza dos bolseiros con críticas de Carmela Silva ao uso da TVG "para maior gloria do PP"
Por Anxo Lourido |
-
Cerdedo-Cotobade estuda as opcións para acceder aos recursos públicos de rehabilitación municipal da Xunta
Por Redacción |