Os casos activos de covid baixan a 2.158 na área sanitaria e volven a cifras de mediados de decembro
Por Diego Espiño
O peor da sexta onda da pandemia parece ter pasado, e aínda que as cifras relativas ás persoas contaxiadas seguen a ser relevantes están xa moi lonxe do vivido especialmente durante o mes de xaneiro.
De feito a cifra de casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés situouse este domingo 27 de febreiro, segundo os datos oficiais ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde, en niveis de mediados do mes de decembro con 2.158 infeccións activas (o 15 de decembro tras as actualizacións posteriores fixouse o dato en 2.160 casos).
Esta cifra supón un descenso de 126 casos activos con respecto ao sábado, tras unha xornada na que se sumaron ás estatísticas 108 novos contaxios e déronse 234 altas epidemiolóxicas a pacientes.
No que respecta a os hospitais, son 69 os afectados que se atopan ingresados na comarca, con 2 persoas evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (59), o Hospital do Salnés (5) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (3).
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 54.905 persoas na área pontevedresa, rexistrándose 258 falecementos de pacientes con positivo activo.
No que respecta a Galicia o número de casos activos de covid é este domingo de 19.768, o que supón un descenso de 1.526 na última xornada.
Relacionadas:
-
Soben os casos activos de covid nunha xornada cun novo falecemento, a vítima 260 da pandemia
Por Diego Espiño |
-
Repunte de ingresos por covid con 80 hospitalizados mentres seguen a caer os casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pechan os dous puntos de test de antíxenos en Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os contaxios por covid baixan do centenar diarios, con 1.990 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid na área sanitaria eleva a 258 as vítimas da pandemia
Por Diego Espiño |
-
A incidencia continúa á baixa con 71 hospitalizados na área e 2.353 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
A morte dunha muller de 79 anos eleva a 256 as persoas falecidas co coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Os casos activos baixan ata 2.454 na área de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |