Tres doses da vacina para un Ravachol que non quere perder "nin un Entroido máis"
No medio dunha gran expectación, Ravachol fixo a súa entrada no Entroido pontevedrés. Tras un ano de ausencia pola pandemia, o coñecido loro regresou para reclamar o seu trono na festa máis gamberra do calendario lúdico da cidade.
Iso si, para poder celebralo con total seguridade, chega a Pontevedra coas tres doses postas da vacina contra a covid-19. E é que, neste 2022, Ravachol homenaxea aos soros que tantas vidas salvaron este ano e aos profesionais que as inxectaron á poboación.
Ataviado con máscara e cunha gran xiringa atada ao pescozo, o loro chega puntual á súa cita co Entroido de Pontevedra "e promete nunca máis faltar ao seu encontro", segundo sinalou María Simal, portavoz da Asociación Recreativa de Xeve.
Ravachol, ao que acompaña tamén un vial de vacina e a recreación dun coronavirus aos seus pés, anima así aos seus concidadáns "a esquecer as penas, a fame do corpo e dás ánimas para encher a cidade de ledicia, festa e diversión".
A presentación da vestimenta que o loro portará este ano ata a súa incineración o vindeiro sábado 5 de marzo foi na Praza da Peregrina.
Alí, como cada ano, recreouse a histórica botica de Perfecto Feijóo, onde o propio Ravachol morreu un luns de entroido do ano 1913.
Nesta ocasión, debido á pandemia, ao seu enterro non poderá acompañarlle o tradicional cortexo fúnebre e a súa despedida limitarase á súa incineración. Será a partir das 20:00 horas na Praza de España, segundo recolle a programación municipal para este Entroido 2022.
Relacionadas:
-
A festa infantil de Entroido en Pontevedra, a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O entroido da Lama substitúe as comparsas polas murgas
Por Redacción |
-
O Burla Negra tamén piratea de día e con tempo desapracible
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Santa Clara e o Benidorm Fest triunfan no divertido regreso do Concurso de Murgas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Entroido de Pontevedra vívese nas súas rúas con obradoiros infantís e charangas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Escola de Música de Salcedo celebra o Entroido con música dos cinco continentes
Por Redacción |
-
O Concurso de Murgas redúcese a dous días ao contar con só catro agrupacións inscritas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 'Equipo Ja' celebra co seu pregón o regreso dun Entroido que "é máis necesario do que cremos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |