O Burla Negra tamén piratea de día e con tempo desapracible
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A 'Noite Pirata' converteuse na edición deste Entroido de 2022 en 'Día Pirata', debido ás medidas adoptadas polo goberno local para evitar actividades con moita masificación de público durante estas festas.
Nesta ocasión, os piratas a bordo do Burla Negra iniciaban o seu percorrido desde a Praza de España ás 17.45 horas, con atraso debido ás inclemencias do tempo, segundo a organización, nunha tarde con chuvascos e desapracible.
Avanzaron polo centro histórico desembarcando polos diferentes puntos da cidade mostrando o seu afán de pillaxe e diversión, liderados por Benito Soto, o pirata da Moureira.
O público infantil gozou desta sesión que estivo animada pola asociación Combrus, Troula e a comparsa Vamos a Todo. A tarde tamén estivo animada pola actuación da Charanga Os Atrevidos.
Tras esta xornada, o mércores, festivo local, haberá novas actividades festivas para a rapazada desde as 17.00 horas cun obradoiro de Entroido na praza da Ferrería. A animación polas rúas correrá a cargo da Charanga Europa a partir das 18.00 horas.
Ás 19.00 horas, a praza da Peregrina acollerá a recreación da botica de don Perfecto Feijoo, con personaxes relevantes da época de Ravachol. Os asistentes poderán gozar da música da agrupación Comando Foucellas.
Pero a cita máis esperada chegará ás 21.00 horas ao Pazo da Cultura coa segunda eliminatoria da trixésima edición do Concurso de Murgas, antesala da gran final que terá lugar o xoves no mesmo escenario.
Relacionadas:
-
A festa infantil de Entroido en Pontevedra, a ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Salcedo organiza o seu propio festival de murgas
Por Oskar Viéitez |
-
O entroido da Lama substitúe as comparsas polas murgas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Santa Clara e o Benidorm Fest triunfan no divertido regreso do Concurso de Murgas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres doses da vacina para un Ravachol que non quere perder "nin un Entroido máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A feira dos doces do Entroido recibiu a visita dunhas 10.000 persoas
Por Redacción |
-
O Entroido de Pontevedra vívese nas súas rúas con obradoiros infantís e charangas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Concurso de Murgas redúcese a dous días ao contar con só catro agrupacións inscritas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 'Equipo Ja' celebra co seu pregón o regreso dun Entroido que "é máis necesario do que cremos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |